Técnico/a de cultivo de Moluscos

 

Requisitos:

  • Técnico superior ou medio de produción acuícola.
  • 2 anos de experiencia en criadeiro de moluscos.

Descrición do traballo:

  • Duración prevista do contrato: 17 decembro 2018 – 31 xullo 2019.
  • Retribución bruta mensual: 1400 €.
  • Posibilidade de Renovación: Sí, condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente.En dependencia da Dirección e do
  • Responsable da Unidade de Recursos Biolóxicos e Cultivos Mariños da ECIMAT da Universidade de Vigo, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:
    • Cultivo de Ameixa Rubia.
    • Cultivo de Croque.
    • Mantenza dos cultivos de moluscos da ECIMAT.
    • Mantenza das instalación de cultivo de moluscos.
    • Calquera outra necesidade relacionada co cultivo de moluscos derivada das solicitudes de servicios dos/das usuarios/as da ECIMAT.

Criterios de valoración:

  • Experiencia profesional (60%):
    • Experiencia profesional acreditada nun posto con funciones similares (adicional ao mínimo requirido).
  • Formación (20%):
    • Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico.
    • Formación náutica.
    • Títulos de Licenciatura/grado/Mestrado/Doutoramento de ámbito mariño.
  • Entrevista (20%): En caso de ser necesario, a Comisión de avaliación convocará a unha entrevista aos/ás tres candidato/as que obteñan unha maior puntuación sumando os apartados de Experiencia e Formación.

Proceso de solicitude e selección:

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deben enviar o CV e unha carta de presentación a dcostas@uvigo.es

Data límite: 12.00 h do 04 de decembro de 2018.

A Universidade de Vigo establecerá unha Comisión de selección para levar a cabo o proceso selectivo.

Resolución

Resolución (PDF, 426 kb)