PTA – Persoal Técnico de Apoio na ECIMAT e no CIM

O día 28 de decembro publicouse nos rexistros da Universidade de Vigo, a Resolución reitoral de 28 de decembro de 2021 pola que se publica a convocatoria para a selección de candidaturas para que a Universidade de Vigo solicite axudas para a contratación de persoal técnico de apoio na convocatoria 2021 do Programa Estatal para Desenvolver, Atraer e Reter Talento do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Seleccionaranse persoas candidatas para a solicitude pola Universidade de Vigo ao Ministerio de Ciencia e Innovación de 6 prazas de persoal técnico de apoio, cos perfís e requisitos de acceso que se indican no Anexo III, para os seguintes centros da Universidade de Vigo:

– Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), 2 prazas.

– Centro de Investigacións Mariñas (CIM), 1 praza.

– Centro de Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX), 1 praza.

– Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico a Investigación (CACTI), 1 praza

– Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), 1 praza.

Esta resolución e o seu procedemento para presentar solicitudes, pode ser consultada no taboleiro de convocatorias da Universidade de Vigo co seguinte código: PTA_INTERNA_2021

Pode consultar a convocatoria e o modelo de solicitude en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/836

O prazo para a presentación de candidaturas rematará o 12 de Xaneiro de 2022.