Praza de técnico de investigación en recursos biolóxicos mariños na ECIMAT

O CIM-UVigo oferta unha praza de persoal técnico no proxecto de investigación “Optimización del Cultivo Integral del erizo de mar Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816) ”, financiado pola Fundacion Biodiversidad na convocatoria Pleamar, recollida na Resolución do 10 de Outubro de 2019 da Convocatoria da Fundación Biodiversidad. As tarefas a realizar polo técnico de investigación serán de apoio no desenvolvemento dos experimentos diseñados, colaboración nas tarefas de marcaxe e repoboación, mantemento e limpeza dos tanques, alimentación dos ourizos, ou outras relacionadas co proxecto.

Requisitos

  • Licenciatura en Bioloxía, Ciencias do Mar ou titulacións afíns.
  • Carné de conducir B1.

Criterios de valoración

Experiencia profesional (60%):

  • Experiencia profesional acreditada na aplicación da bioloxía á xestión e explotación de recursos mariños, especialmente no ámbito dos equinodermos (10%)
  • Coñecementos acreditados en técnicas de cultivo, técnicas de mostraxe e métodos de estudo da bioloxía dos Ourizos de Mar (20%)
  • Experiencia profesional acreditada en empresas do sector acuícola ou centros de investigación mariña en cultivos mariños e especialmente con equinodermos. (20%)
  • Experiencia acreditada en actividades de difusión e transferencia científica no sector pesqueiro. (10%)

Formación (20%):

Cursos de formación o especialización relacionados co perfil técnico.

Entrevista (20%):

A comisión pode convocar a unha entrevista ós/ás candidatos/as que teñan superado unha puntuación superior ó 50% nos apartados de Experiencia e Formación.

Condicións

  • Contrato laboral grupo 1.
  • Dedicación: Tempo completo, xornada partida.
  • Inicio do contrato: 1 de decembro de 2019 (supeditado á firma e condicións do convenio de financiación).
  • Salario bruto: 2200 euros/mes aprox.
  • Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
  • Duración do contrato: 2 anos (período de proba de 6 meses)
  • Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – Illa de Toralla (Coruxo, Vigo).

Solicitude e proceso de selección

  • Enviar CV e documentos acreditativos só dos requisitos mediante correo electrónico a alba.hernandez@uvigo.es co tema: proxecto OCIMER. Pódense achegar 1 ou 2 cartas de recomendación.
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata as 12:00 horas do 11 de Novembro de 2019.
  • No proceso de valoración solicitaranse os documentos acreditativos do CV dos candidatos/as preseleccionados.
  • No caso de ser necesario realizaranse entrevistas persoais ós/ás candidatos/as preseleccionados cun mínimo do 50% nos apartados de Experiencia e Formación.
  • As persoas seleccionadas para a entrevista en caso de ser necesaria, deberán acreditar todos os méritos presentados o dia da entrevista.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Jose García Estévez
  • Vocal 1: Damián Costas
  • Vocal 2: Estefanía Paredes.
  • Substituta: Alba Hernández

Resolución