Oferta de contrato posdoutoral no grupo Ephyslab

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de persoal para a contratación laboral temporal de persoal de investigación para o grupo Ephyslab, pertencente ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. O traballo de investigación estará centrado no diagnostico do vapor de auga na atmósfera.

Na seguinte convocatoria pode consultar os requisitos das persoas solicitantes, o procedemento de selección para a contratación e as características da praza ofertada.