Oferta de nove prazas de persoal de apoio á investigación do CIM-UVigo

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de persoal para a contratación laboral temporal de persoal de apoio á investigación para o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. Convócanse nove prazas:

  • Praza 1: Responsable de calidade
  • Praza 2: Responsable de divulgación e comunicación científica e apoio ás actividades de investigación
  • Praza 3: Responsable da Unidade de Oceanografía
  • Praza 4: Técnico/a en oceanografía biolóxica
  • Praza 5: Técnico/a en oceanografía xeolóxica
  • Praza 6: Técnica/o especialista en aspectos éticos de investigación
  • Praza 7: Técnico/a de produción de cultivos mariños
  • Prazas 8 e 9: Técnico apoio permanente para as actividades de experimentación mariña

Nos seguintes enlaces pode consultar a convocatoria, na que se describen os requisitos dos solicitantes, o procedemento de selección e as características das prazas ofertadas, e o documento de solicitude (Anexo II):

Debido a existencia de errores na convocatoria publicada o día 22 de xaneiro, publícase corrección de erros a día 23 de xaneiro.

Resultados do proceso selectivo