Oferta de contrato de investigación no grupo de Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica (XM1, CIM-UVigo)

O grupo de Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica do CIM-UVigo oferta un contrato a tempo parcial dentro do proxecto “Análise da Resiliencia da Costa fronte o cambio climático: Impacto de eventos extremos e erosión costeira (ReCost)”

Perfil técnico:

  • Experiencia no uso de equipos topográficos (GPS e LiDAR) e aerofotogramétricos na área de dinámica costeira.
  • Experiencia no procesado de datos topográficos e aerofotogrametricos.
  • Xestión de diferentes bases de datos e análises de datos.
  • Coñecementos de GIS e modelado xeoespacial.
  • Coñecementos de Matlab e Python.

Requisitos

  • Posuír un título de graduado/licenciado/a ou equivalente en ramas afíns aos requisitos técnicos solicitados.
  • Valorarase positivamente o ter algún master relacionado con geoinformática.
  • Experiencia en procesado e análise de imaxe con Matlab e Python .

Criterios de avaliación

  • Currículo.
  • Experiencia en investigación.
  • Habilidades específicas.

Condicións do contrato

  • Relación laboral: Contrato de investigación.
  • Duración: 4 meses
  • Data prevista de incorporación: 1/03/2020.
  • Xornada laboral: Parcial (20 horas semanais).
  • Salario mensual bruto: ao redor de 750 €.

Proceso de solicitude e selección

Os candidatos deben enviar CV (en formato pdf) e unha carta de presentación á investigadora Rita González Villanueva (ritagonzalez@uvigo.es). Data límite: 10 de febreiro de 2020.

De ser preciso, o comité de selección poderá realizar unha entrevista persoal aos candidatos/as que obteñan unha maior puntuación.