Oferta de contrato de investigación a cargo do proxecto TRAITS – Grupo de Oceanografía Biolóxica (OB, CIM)

O grupo de Oceanografía Biolóxica do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) oferta un contrato de persoal investigador a cargo do proxecto TRAITS (Un enfoque de estudio de la ecología microbiana basado en rasgos y gremios), financiado pola Agencia Estatal de Investigación (Programa estatal de Generación de Conocimiento y Retos de la sociedad, PID2019-110011RB-C33).

Descrición do contrato:

  • Duración: 3 meses prorrogables (previsión contratación en mes de marzo 2021). Xornada completa.
  • Lugar de traballo: laboratorio de investigación do Grupo Oceanografía Biolóxica no Campus Vigo Lagoas, Marcosende. España
  • Salario aproximado: 1500€ brutos

Requisitos:

  • Os/as aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
  • Ter cumpridos os dezaoito anos e non alcanzar a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
  • Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
  • Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.
  • Doutoramento no ámbito científico-tecnolóxico.
  • Experiencia (polo menos de 3 anos) en análises  bioinformático de datos provenientes de técnicas de  secuenciación masiva (HTS) aplicadas a microorganismos mariños.
  • Experiencia demostrable na redacción e publicación de artigos científicos no ámbito da ecoloxía microbiana mariña e que inclúan datos provenientes de HTS.
  • Experiencia demostrable no deseño e realización de experimentos e mostraxes en campañas oceanográficas de comunidades microbianas mariñas
  • Experiencia demostrable na mostraxe, extracción e manexo de ácidos nucleicos (ADN/ ARN) en laboratorio.
  • Experiencia demostrable con algunha linguaxe de programación para a análise bioinformática de datos provenientes de HTS (Unix, R)
  • Comunicación oral e escrita en inglés.

Criterios de valoración:

  • Número e calidade dos artigos científicos publicados
  • Nivel de experiencia no manexo de ácidos nucleicos (ADN/ ARN) no laboratorio
  • Nivel de experiencia en análises  bioinformáticos de datos  HTS de comunidades  microbianas mariñas
  • Nivel de experiencia no deseño e realización de experimentos e mostraxes de comunidades  microbianas mariñas en campañas oceanográficas
  • Coñecemento do ecosistema costeiro do NO da Península Ibérica
  • Nivel de inglés (opción de entrevista oral)
  • Experiencia previa en labores similares ás descritas para o proxecto

Presentación de solicitudes

Os/as aspirantes deberán enviar no prazo designado, á dirección de correo electrónico sandra@uvigo.es, a seguinte documentación:

  • Carta de presentación, na que se inclúa nome, NIF, teléfono e correo electrónico de contacto.
  • Currículo  vitae
  • Documentos acreditativos dos requisitos e méritos recolleitos no CV

Prazo de recepción de solicitudes: 23-12-2020 ás 14:00h.

Proceso de selección:

  • Currículo (80%)
  • Entrevista persoal (20%)