Oferta de contrato de apoio a xestión no proxecto de investigación “European Blue Biobank” (EBB)

O CIM-UVigo oferta unha praza de persoal de apoio á xestión no proxecto de investigación “European Blue Biobank” (EBB), financiado por Interreg Atlantic Area.

Tarefas a desenvolver

  • Prestar apoio na execución e xustificación do proxecto.
  • Tramitación de pedidos, dietas e viaxes.
  • Preparación de escritos e outros tramites administrativos.
  • Realización de informes técnicos.
  • Tarefas de comunicación e difusión do proxecto, en eventos, redes sociais e páxinas web.

Requisitos

  • Grado/Licenciatura en Bioloxía, Ciencias do Mar, ADE ou titulacións afíns.
  • Experiencia en xestión económica/administrativa demostrable de alo menos 1 ano.
  • Coñecemento de inglés nivel avanzado.
  • Capacidade de traballo en equipo, flexibilidade e proactividade.

Criterios de avaliación

Experiencia profesional (40 puntos):

  • Experiencia en xestión económica/administrativa
  • Experiencia en xestión de proxectos de investigación
  • Experiencia en xestión de redes sociais e páxinas web

Formación (20 puntos):

  • Cursos de formación ou especialización en xestión económica/administrativa.
  • Cursos de formación ou especialización en xestión de proxecto.
  • Cursos de formación ou especialización no eido comunicación e/ou divulgación científica.
  • Formación acreditada en lingua inglesa (nivel B1 ou superior)
  • Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver

Entrevista (40 puntos)

En caso de ser necesario, a Comisión de avaliación convocará a unha entrevista aos/ás cinco candidato/as que obteñan unha maior puntuación sumando os apartados de Experiencia e Formación. Parte da entrevista poderá desenvolverse en inglés.

Condicións do contrato

  • Contrato laboral grupo 1
  • Dedicación: Tempo completo
  • Inicio do contrato: aproximadamente 1 de marzo de 2020 (período de proba de 3 meses)
  • Salario bruto: 1650 euros/mes aprox.
  • Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
  • Duración do contrato: 7 meses
  • Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – Illa de Toralla (Coruxo, Vigo)

Solicitude e proceso de selección

  • Enviar CV, documentos acreditativos da formación (só da titulación) e da experiencia profesional (vida laboral) e carta de motivación mediante correo electrónico a ecimat@uvigo.es co asunto “proxecto EBB”. Se poden achegar 1 ou 2 cartas de recomendación.
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do 30 de xaneiro de 2020.
  • As persoas seleccionadas para a entrevista deberán acreditar todos os méritos presentados.

Comisión de Avaliación

Presidente: Jesús Souza Troncoso
Secretario: Damián Costas
Vocal 1: Belén Martín Míguez
Vocal 2: Fiz da Costa