Graduado/a en Ciencias do Mar para deseño e execución de traballo de campo sobre poboacións de recursos explotables (macroalgas, mexillóns e percebes)

Denominación do proxecto ou actividade: Programa de Ciencias Mariñas-Plan complementario de I+D+i

Investigadora principal: Olabarria Uzquiano Celia

Referencia: CienciasMariñas-MRR

Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Deseño de experimentos e traballo no campo. Rexistro de datos obtidos en proxectos de investigación. Ingreso de resultados en bases de datos. Análise de datos con R e interpretación de resultados. Comunicación de datos científicos

Funcións a realizar:

  • Deseño e execución de traballo de campo sobre poboacións de recursos explotables (macroalgas, mexillóns e percebes).
  • Análise de datos con R (glm, glmm).
  • Escritura de artigos científicos.
  • Redacción de informes.

Retribución bruta mensual: 1.935,86 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo

Duración do contrato: 3 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS

Titulación requirida: Grao en Ciencias do Mar

Méritos a valorar:

  • Formación:
    • Máster en Ecoloxía Mariña (finalizado ou en curso).
    • Idiomas: Inglés B2.
    • Curso de mergullo: PADI Open Water
  • Valorarase experiencia previa de traballo con cultivos de macroalgas e en colaboración con confrarías.
  • Cursos de formación específica relacionados co posto.
  • Carné B
  • Entrevista. Esta realizarase únicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos

Máis información