Doutor/a para actividades de investigación en proxecto piloto sobre alimentación en peixes

Denominación do proxecto ou actividade: Transnational R&D&I cooperation network to foster the competitiveness and sustainability of the Blue Biotech sector in the Atlantic Area territory

Investigador principal: José Luis Soengas Fernández

Referencia: MARINNONET

Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Actividades de investigación en proxecto piloto sobre alimentación en peixes

Funcións principais do posto: En dependencia do IP, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades de investigación dentro dos proxectos piloto de innovación previstos no proxecto: (a) participar no deseño de experimentos (b) realización de procedementos autorizados en animais de experimentación (peixes) (c) participar na toma de mostras biolóxicas (d) participar na análise de mostras de tecidos de peixes mediante técnicas espectrofotométricas, electroforese, q-RT-PCR, e Western Blot (d) participar na elaboración de resultados e análise estatístico dos mesmos (e) participar na discusión de resultados

Retribución bruta mensual: 2.732,75 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Investigador modalidade A (Doutor)

Centro de traballo: Facultade de Bioloxía do Campus de Vigo

Duración do contrato: 5 meses e medio

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Doutor/a

Méritos a valorar:
– Experiencia mínima acreditada de catro anos en tarefas de investigación en fisioloxia de peixes(requisito obrigatorio)

– Capacitación niveis a/b/c/d/e en materia de protección de animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia conforme coa Orde ECC/566/2015 de 20 de marzo (requisito obrigatorio)

– Nivel intermedio de inglés (mínimo B2) (requisito obrigatorio)

– Participación en artigos de investigación relacionados co proxecto

– Participación en comunicacións a congresos relacionados co proxecto

– Participación en proxectos de investigación competitivos relacionados co proxecto

– Becas/contratos de investigación

– Entrevista persoal (A entrevista se realizará únicamente a 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.)

Máis información