Graduado/a en Bioloxía, Ciencias do Mar ou área afín con mestrado para apoiar actividades de investigación sobre alimentación en peixes

Denominación do proxecto ou actividade: Axuda adicional para execución de actividades de investigación

Investigadora principal: Ayelén Melisa Blanco Imperiali

Referencia: RYC2022-037124-I

Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Apoio ás actividades de investigación sobre alimentación en peixes

Funcións principais do posto: En dependencia do responsable do grupo de investigación, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:
(a) participar no deseño de experimentos
b) participar na administración de fármacos e toma de mostras biolóxicas
(c) participar na análise de mostras de tecidos de peixes mediante técnicas espectrofotométricas, electroforese, RT-qPCR, clonación
(d) participar na elaboración de resultados e análise estatístico dos mesmos
(e) participar na discusión de resultados e redacción de artigos de investigación

Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo: Facultade de Bioloxía do Campus de Vigo

Duración do contrato: 2 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao en Bioloxía, Ciencias do Mar ou área afín. Máster en área afín a Bioloxía, CC. Do Mar, Biotecnoloxía

Méritos a valorar:
– Méritos xerais: Experiencia acreditada en tarefas de investigación en fisioloxía de peixes. Cursos de Experimentación Animal (Categorías A, B e C)
– Méritos específicos (a valorar): Traballo fin de máster relacionado coa fisioloxía de peixes. Experiencia en técnicas de laboratorio: RT-qPCR, clonación, administración fármacos, procesamento de tecidos animais, cultivo celular.

Máis información