Análise da resposta dos ecosistemas mariños ao cambio climático con especial énfase en eventos extremos ligados ao forzamento atmosférico, mediante monitorización integrada, computación avanzada, reconstrución da variabilidade pasada, avaliación experimental e modelización de impactos na biodiversidade e nos servizos ecosistémicos, desenvolvendo ferramentas predictivas que apoien a xestión adaptativa.
Avaliación do estado ecolóxico de augas, organismos e sedimentos costeiros e oceánicos, abordando o desenvolvemento de estratexias avanzadas para a determinación de contaminantes emerxentes e prioritarios e a análise dos seus efectos en comunidades planctónicas e bentónicas, mediante bioindicadores, biomonitores e avaliacións integradas auga–sedimento–biota, que orienten estratexias de mitigación e remediación.
Identificación e cartografía de hábitats e áreas clave para a biodiversidade mariña, que abranguen ambientes oceánicos, costeiros e estuarinos e inclúen comunidades microbianas, faunísticas e de produtores primarios, tanto bentónicas como peláxicas, que sustenten as redes tróficas e permitan avaliar a produtividade e os recursos vivos. Avaliación da súa conectividade, estado ecolóxico e capacidade de recuperación para deseñar e implementar solucións baseadas na natureza orientadas á restauración de ecosistemas degradados. Desenvolvemento de metodoloxías de restauración e seguimento da recuperación mediante indicadores ecolóxicos e biolóxicos en organismos e comunidades.
Integración das ciencias oceanográficas (física, química, biolóxica e xeolóxica) e sociais na planificación territorial costeira, mediante mapas de vulnerabilidade e indicadores socio-ecolóxicos que permiten avaliar riscos e transferir coñecemento a políticas públicas e procesos de planificación espacial mariña, con énfase na perspectiva de xénero.