Encabezado polo Director do CIM, o noso Consello de Dirección elabora a proposta estratéxica do Centro e coordina a súa implementación

Dirección – Daniel Rey

Daniel Rey é Catedrático da Universidade de Vigo dende 2008. Licenciado en Xeoloxía pola Universidad Complutense de Madrid en 1985 e Doutor pola University of Birmingham en 1992. Coordina o Grupo de Investigación en Xeoloxía mariña e Ambiental. Fundou o laboratorio de paleomagnetismo da universidade de Vigo en 1995 e foi o principal promotor dos estudios de magnetismo ambiental en España. En 2018 foi nombrado Director do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

Área de Innovación e Transferencia – Cristina Quelle

Coordinadora de I+D+i do CIM-Uvigo, é Licenciada en Ciencias do Mar, Máster en Xestión Costeira e Máster en Enxeñería de Costas. Foi coordinadora da Área de Transferencia de Tecnoloxía do CEI-Campus do Mar e investigadora no Departamento de Contaminación mariña do IEO, ademáis de traballar en consultoría privada de xestión costeira, e ambiental. Posúe ampla experiencia na Xestión de proxectos mariños a nivel rexional, nacional e internacional con diferentes institucións públicas e privadas.

Área de Investigación – María Teresa de Castro

Profesora titular da Universidade de Vigo dende 2010, centra a súa actividade na oceanografía física, o cambio climático, a enerxía eólica e a dinámica da pluma nos ríos. Leva publicado máis de 80 artigos en revistas internacionales e participado en 30 proxectos de investigación. Foi coordinadora do Master en Ciencias do Clima: Meteoroloxía, Oceanografía Física e Cambio Climático, é membro da Comisión académica do programa de doutorado internacional DoMar e participa en comisións de avaluación do programa estatal de captación de talento investigador Juan de la Cierva.

Dirección da ECIMAT – Jose Manuel García Estévez

Profesor Titular de Parasitoloxía Mariña na Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación céntranse no diagnóstico, prevención e control de enfermedades parasitarias en organismos acuáticos. Autor dunha patente para o diagnóstico, mediante técnicas inmunolóxicas, de Enteromyxum scophthalmi, unha das principales ameazas sanitarias para a producción de rodaballo de cultivo. Coordina o Máster Interuniversitario de Bioloxía Mariña e actualmente é o director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).

Área de Internacionalización – Antonio Villanueva

Licenciado en Ciencias do Mar, conta cunha amplia experiencia na dirección de empresas. É o responsable de desenvolvemento de negocio do CIM-UVigo, enfocado especialmente na Internacionalización e na interacción cos sectores productivos. Coordina a participación da Uvigo en 5 proxectos europeos. É o representante científico de España no Consello do European Marine Biological Resource Centre (EMBRC-ERIC) e representa á Universidade de Vigo na Rede Europea de Investigación Mariña (EUROMARINE) na que forma parte do Comité de Dirección.