Apoiámonos nun Comité Asesor Externo para a avaliación da adecuación da nosa estratéxia e da súa implementación

Catherine Boyen

Adica a súa actividade científica á xenómica de macroalgas a nivel local. Ten paricipado en diversos proxectos Europeos, entre eles,  Marine Genomics Europe (FP6); CSA MarineBiotech (FP7). Na actualidade é a Directora do Laboratoire de Biologie Intégrative des Modèles Marins (CNRS, Francia), a coordinadora científica da Rede Europea de Investigación Mariña EUROMARINE e membro do Consello de Dirección de BioGenouest (Rede de Ciencias da Vida no Oeste de Francia).

David Paterson

Leva a cabo a súa actividade investigadora na ecoloxía e na dinámica dos ecosistemas estuáricos e costeiros, concretamente no papel da biodiversidade no funcionamento dos ecosistemas. Na actualidade é o Director Executivo do Marine Alliance for Science and Technology Scotland (MASTS) e é o presidente do Consello do European Marine Biological Resource Centre (EMBRC-ERIC).

Randi Elisabeth Taxt

Experta en transferecia e xestión de tecnoloxía, xestión da innovación, emprendimento, e liderado en educación superior. Master en Xestión de Tecnoloxía pola Norwegian University of Science and Technology (NTNU), é na actialidade a Vicepresidenta da oficina de transferencia de tecnoloxía de Bergen (Bergen Technology Transfer Office / Bergen Teknologioverføring AS, Noruega)

Igor Campillo

Doutor en CC. Físicas e Experto universitario en periodismo e comunicación científica. Tras ocupar diversos postos de responsabilidade tanto na xestión pública como privada, na actualidade é Director Executivo da Euskampus Fundazioa, entidade xestora do Campus de Excelencia Internacional da Universidad del País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea

Vitor Vasconcelos

Catedrático da Universidade do Porto e Director do Grupo de Biotecnoloxía e Ecotoxicoloxía, centra a súa actividade investigadora nos metabolitos secundarios das cianobacterias e os séus usos biotecnolóxicos. Na actualidade é coordinador de dous proxectos H2020, é o responsable da colección de cultivos LEGE-CIIMAR, e é o presidente do Centro de Investigación Marinha e Ambiental (CIIMAR).

Josep M. Parés

Doutor en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade de Barcelona. Foi investigador do CSIC ata que se incorporou como Profesor na Universidade de Michigan en USA. Actualmente é o Coordinador de Xeocronoloxía e Xeloxía no CENIEH. Ten participado en numerosas expedicións IODP e  traballado en Norteamérica, Antártida e Tibet, fundamentalmente na aplicación  do paleomagnetismo como ferramenta de datación de secuencias sedimentarias combinados con outros métodos cronométricos.