Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
“Unha maneira de facer Europa”

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, é un dos 5 Centros Singulares de Investigación de Galicia, acreditación outorgada o 24 de Novembro de 2016 pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia.

A acreditación, estruturación e mellora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo está cofinanciada polo FEDER, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 co obxectivo temático de “promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”, e que no caso do CIM-UVigo contribuirá a promover a xeración de coñecemento de excelencia en ciencia mariña, a transferencia dese coñecemento para beneficio da sociedade, e a internacionalización da actividade investigadora da Universidade de Vigo no ámbito do mar.