O proxecto Ocimer ten por obxectivo xeral implementar novas técnicas optimizadas de cultivo e da metodoloxía de repoblación do ourizo de mar Paracentrotus lividus, que contribuan á mellora da calidade das gónadas producidas, ampliando o período de comercialización no mercado, así como a recuperación das poboacións de zonas sobreexplotadas e da actividade pesqueira asociada.
Implementar novas técnicas optimizadas de cultivo e da metodoloxía de repoblación do ourizo de mar Paracentrotus lividus, que contribuan á mellora da calidade das gónadas producidas, ampliando o período de comercialización no mercado, así como a recuperación das poboacións de zonas sobreexplotadas e da actividade pesqueira asociada.
Temática:
Eixe 1.2 Innovación acuicultura
Convocatoria de subvencións:
2019
Entidade benficiaria:
Universidade de Vigo, Centro de Investigación Marina (CIM)
Socios:
Cofradia de Pescadores “San Xosé” de Cangas
Obxectivos específicos do proxecto:
- Desenvolver e implementar técnicas innovadoras nas diferentes etapas do cultivo do ourizo de mar que melloren os parámetros biolóxicos dos individuos obtidos.
- Deseñar novas metodoloxías de repoboación innovadoras e melloradas que aseguren un maior éxito de supervivencia dos individuos liberados.
- Potenciar o valor do produto comercial a través da mellora da calidade das gónadas.
- Promover a conservación de especies de ourizo de mar autóctonas de Galicia, mediante criopreservación, susceptibles de reproducir en catividade mediante a replicación das técnicas do cultivo de P. lividus.