Aplicamos en todos os ámbitos de especialización unha perspectiva socioecolóxica, recoñecendo a importancia de integrar o ser humano na investigación dos océanos tanto a nivel científico como de desenvolvemento. Esta é razón pola que fomentamos unha perspectiva socioecolóxica da análise dos problemas e das posibles solucións para o mundo mariño e a sociedade humana, con especial atención no xénero e na equidade. Concebimos esta formulación como un elemento chave na transferencia de avances científicos, acollendo e fomentando a colaboración pluridisciplinar entre áreas como a bioloxía, a química, a xeoloxía, a economía, a oceanografía, a socioloxía ou o dereito.
Perspectiva sociecolóxica
Actualidade
O sector pesqueiro galego xa percibe os efectos do cambio climático, que ameaza o funcionamento dos sistemas mariños
O proxecto Clock: Adaptación á redistribución dos stocks pesqueiros chega ao seu fin logo de seis anos de actividade. O grupo de investigación Future Oceans…