Acuicultura e explotación sostible dos recursos

A xestión sostible dos recursos mariños é necesaria para asegurar a súa supervivencia e para contribuír a unha alimentación sa e segura. O incremento da proporción de alimentos de orixe mariña, máis sans e menos custosos enerxética e ambientalmente, non pode ser abordado en exclusiva polas pesqueiras, o que esixe o desenvolvemento dunha acuicultura biotecnolóxicamente avanzada. A acuicultura é o sector produtivo alimentario con maior crecemento en todo o mundo. Os avances no coñecemento da bioloxía, xenética, dinámica poboacional e ecoloxía das especies explotables son clave para asegurar a sustentabilidade dos recursos mariños.


Contidos relacionados

Actualidade
Científicos da ECIMAT acadan unha patente para a criopreservación de embrións de ourizo de mar

Fonte DUVI Na actualidade, o proceso de criopreservación de células e tecidos de organismos terrestres tense convertido nunha ferramenta de destacada utilidade para a investigación…

Matrícula aberta para a 8ª edición do curso “Xestión de explotacións acuícolas”, 17 – 23 de xuño na ECIMAT

Entre os días 17 e 23 de xuño terá lugar na ECIMAT a 8ª edición do curso de extesión universitaria “Xestión de Explotacións Acuícolas“. O…

A ECIMAT celebra o seu X aniversario e o lanzamento do Nodo Español do EMBRC

Aínda que abriu as súas portas en xuño de 2006, o xermolo da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, remóntase ao ano 1999, cando…

Conferencia “Forecasting and hindcasting clam mortality in Galicia”, 1 de xuño na ECIMAT

O vindeiro mércores 1 de xuño ás 11:00 h na ECIMAT, David Wethey e Sarah Woodin, doutores e profesores do Departamento de Ciencias Biolóxicas da…

O grupo de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en acuicultura avanza no coñecemento dos mecanismos implicados no control da inxesta de peixes

Obter alimentos sans, seguros e de calidade é un dos principais retos da nosa sociedade. O peixe cumpre sen dúbida eses requisitos como testemuña o…

Mecanismos implicados no control da inxesta en peixes

Este xoves 19 de maio ás 11:00 h, no salón de actos da ECIMAT, continúa a VI edición do Programa Café con Sal. Nesta ocasión…

A poboación atlántica de pescada recupérase dos efectos da sobrepesca

Desde os seus inicios a xestión da industria pesqueira non foi deseñada de maneira sostible e hoxe en día a maioría das especies mariñas comerciais…

Primeiros pasos de cara á criopreservación de embrións do peixe cebra por vitrificación con desconxelación ultra rápida

O pasado xoves 7 de abril, Estefanía Paredes, doutora pola Universidade de Vigo e investigadora posdoutoral da Universidade de Tenneesse, presentou, dentro do VI Programa…

A cor da glándula dixestiva das paralarvas do polbo como indicador do seu estado nutricional durante o cultivo

A falta dunha dieta axeitada para os primeiros días de vida; a necesidade da estandarización das técnicas de cultivo e os escasos coñecementos que se…

Transferencia de coñecemento para os axentes implicados na explotación da navalla en Galicia

Co obxectivo de facilitar a case sempre escasa e complicada transferencia de resultados dos estudos biolóxicos á xestión dos recursos pesqueiros, sobre todo no caso…

Conferencia sobre o uso da cor da glándula dixestiva das paralarvas de polbo como indicador do inicio da alimentación exóxena

O vindeiro venres 4 de marzo ás 11:00 h, no salón de actos da ECIMAT, continúa a VI edición do Programa Café con Sal. Nesta…

Mellorar a eficiencia da alimentación dos peixes: unha investigación crave en Acuicultura

A produción intensiva de peixes leva a múltiples situacións que alteran o benestar dos peixes (as altas densidades de cultivo, o manexo dos animais, etc.)…