É necesario identificar e promover medidas para remediar os problemas aos que se enfrontan moitas zonas costeiras, entre os que destacan o deterioro dos seus recursos ambientais, socio-económicos e culturais. Os problemas costeiros posúen unha dimensión internacional e deben apoiarse nas políticas da Unión Europea (política rexional, marítima, de transporte, pesca, medio ambiente, agricultura, enerxía, industria) e no intercambio de experiencias e coñecementos entre estados, e rexións e axentes implicados.

