O océano ten un papel central na regulación do clima e dos ciclos bioxeoquímicos globais. O quecemento global asociado ao incremento da concentración de gases de efecto invernadoiro ten provocado cambios significativos na circulación de materia e enerxía do océano, ademáis dun incremento do nivel do mar, especialmente preocupante dado que na actualidade as zonas costeiras conteñen ao 10% da poboación mundial.

Observación oceánica e cambio global

Contidos relacionados

Actualidade
Interacción entre altos niveis de CO2 e materia orgánica no metabolismo bacteriano

Este xoves 5 de maio ás 11:00h, no salón de actos da ECIMAT, terá lugar unha nova sesión do Programa Café con Sal. Esta vez…

Patróns bioxeográficos do bacterioplancton mariño superficial

O bacterioplancto mariño inclúe unha variedade de formas de vida que pertencen ao dominio bacteria, que habitan na columna de auga de todos os mares…

O espiñento desvélase como o mellor vixía para coñecer a resposta dos organismos ante o cambio climático

O espiñento (Gasterosteus aculeatus), unha das especies de vertebrados máis importantes e interesantes para estudar a evolución, pode ser tamén un dos mellores aliados para…

O desafío de usar elementos comúns como ferramentas científicas: un exemplo mariño

Debido á heteroxeneidade dos fondos mariños necesítase un elevado número de observacións para atopar as regularidades, campañas de medidas interminables, aparellos de medida sofisticados e…

Desentrañando o papel das vitaminas do grupo B sobre o plancto microbiano

A próxima semana investigadores da agrupación OCEANO-ECIMAT dan comezo ás campañas ENVISION a bordo do buque Ramón Margalef. As campañas ENVISION enmárcanse dentro do proxecto…

Biólogos da agrupación OCEANO-ECIMAT desenvolven unha ferramenta para predecir o efecto das ondas de calor e as inundacións sobre os recursos marisqueiros

Vigo lidera un proxecto pioneiro en España para determinar os riscos e os efectos que o cambio climático xa está a ocasionar nos bancos marisqueiros…

Por unha “nova cultura do uso do mar”

Concienciar a aqueles e aquelas que o día de mañá se dedicarán a formar ás novas xeracións da importancia dos océanos na sustentabilidade do planeta…