O océano ten un papel central na regulación do clima e dos ciclos bioxeoquímicos globais. O quecemento global asociado ao incremento da concentración de gases de efecto invernadoiro ten provocado cambios significativos na circulación de materia e enerxía do océano, ademáis dun incremento do nivel do mar, especialmente preocupante dado que na actualidade as zonas costeiras conteñen ao 10% da poboación mundial.

