É necesario atopar solucións que permitan garantir a sustentabilidade na explotación dos recursos mariños. Isto pasa por profundizar no coñecemento para, por exemplo, optimizar os métodos de explotación ou procurar mecanismos de valorización de sub-produtos. Neste sentido destacan, entre outros, o potencial da biotecnoloxía como Tecnoloxía Facilitadora Esencial, a utilización de organismos mariños como modelo experimental ou a explotación enerxética das condicións meteo-climáticas da nosa costa.

