As costas representan menos do 15% da superficie da terra, mais o 50% da poboación mundial habita nelas. Son zonas fundamentais para a reprodución de numerosas especies e que soportan intensas actividades como o turismo, o tráfico marítimo, a acuicultura, ou a pesca. Todo isto provoca presións económicas, demográficas e ambientais, que derivan nun deterioro dos ecosistemas costeiros e poden xerar efectos adversos na saúde humana.

