Xornada do Proxecto PASOS: Presentación do Plan de Acción de promoción da RRI no ámbito mariño

Etiquetas

O vindeiro martes 27 ás 11h  terá lugar a presentación dos resultados finais do proxecto PASOS, un proxecto colaborativo desenvolvido pola Universidade de Vigo dende os seus centros de investigación CIM e ECOBAS e a Asociación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar). O proxecto, financiado pola Rede Eusumo, naceu co obxectivo principal de crear un Plan de Acción para promover a investigación e innovación responsable (RRI) no ámbito mariño, co gallo de poñer en marcha proxectos e iniciativas de maneira participativa contando con todos os actores relacionados co sector. Durante a xornada, presentaranse os principais resultados obtidos e o Plan de Acción para a Promoción da RRI no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social.

O evento terá lugar no Edificio Redeiras de forma presencial e será retransmitido en directo a través da Canle 1 de UVigoTV.

Para asistir de forma presencial inscríbase no seguinte FORMULARIO antes do 25 de setembro.

Programa-xornada-final-PASOS (PDF, 718 K)

Cartel (PDF, 1,7 M)