Xornada de presentación dos resultados do proxecto Misión Azul

Etiquetas

O vindeiro venres 23 de setembro ás 10 h terá lugar a xornada de presentación de resultados do proxectoMisión Azul: a investigación mariña e o cambio climático”, no que se dará a coñecer o videoxogo Pleamar e dúas unidades didácticas dirixidas a primaria e secundaria. Ambos recursos educativos adaptan o coñecemento científico actual sobre o océano e o cambio climático ao ámbito escolar e servirán para apoiar o ensino e a introdución das ciencias mariñas e o cambio climático na programación docente, fomentando así a alfabetización oceánica ou ocean literacy.

A xornada, que terá lugar de forma presencial na Sala Miralles 1 da Universidade de Vigo e de forma virtual no Campus Remoto da UVigo (previa inscripción en misionazul.webs.uvigo.es/presentacion), está dirixida a persoal docente e o seu alumnado, a centros de educación ambiental ou a calquer entidade ou persoa interesada na materia.

O proxecto, liderado polo CIM, coa participación do Centro de Tecnoloxías de Telecomunicación (AtlanTTic _UVIGO), a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e a Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE), conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Para acceder ao Campus Remoto, siga as seguintes instrucións:

  • Premer a URL de acceso á sala virtual ”S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
  • Acceder como estudante, introducindo nome completo e entidade (se procede) e a seguinte contrasinal: 6rAsLWyz
  • Acceder á sala de videoconferencia
  • Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.

O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.

AXENDA DO ACTO