XI Curso de Xestión de Explotacións Acuícolas (Curso de Extensión Universitaria)

Entre os días 17 e 21 de xuño terá lugar na ECIMAT a XI edición do curso de extesión universitaria “Xestión de Explotacións Acuícolas“. O curso será impartido por 12 ponentes especialistas en acuicultura e xestión empresarial, constará de 11 seminarios e 3 saídas ao campo e pode ser convalidado por 1 crédito de libre elección.

Obxectivos do curso:

  • Coñecer o proceso de cultivo de diversas especies tanto de peixes como de moluscos bivalvos.
  • Entender as ameazas e oportunidades que a actividade acuícola ten para o medio ambiente
  • Identificar as fortalezas e debilidades das granxas acuícolas existentes.
  • Identificar os elementos crave que determinarán o futuro do sector da acuicultura.
  • Aprender sobre o deseño de estratexias competitivas adecuadas para o sector da acuicultura.
  • Aprender ferramentas e estratexias para o prognóstico e a fixación de prezos no sector da acuicultura.
  • Promover as iniciativas, os retos e as oportunidades para emprender no sector acuícola e as posibles fontes de financiamento
  • Coñecer a forma de definir as estratexias de márketing para a creación de valor nos produtos acuícolas.
  • Coñecer e utilizar as ferramentas e análises de viabilidade de proxectos de granxas de acuicultura.
  • Coñecer o proceso de obtención de produtos elaborados a partir de produtos  acuículas.
  • Coñecer e utilizar as ferramentas e análises de viabilidade de proxectos de explotacións acuícolas.

O curso inclúe visita ao IGAFA (Instituto  Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa), un percorrido en barco pola Ría de Arousa para coñecer todos os detalles do proceso de cultivo de mexillón nas bateas e unha visita ás instalación de PESCANOVA (Centro loxístico Pescanova de Porriño).

Preinscripcións abertas ata o 31 de maio. Matrícula

Para máis información sobre o curso podes acceder á páxina web do curso  http://cursoacuicultura.webs.uvigo.es/ ou escribir a Carlos Ferro Soto (cferro@uvigo.es).