Why should we care about ocean turbulence?

O martes 15 de outubro, Beatriz Mouriño, investigadora do grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo e profesora no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal (Universidade de Vigo), presentará, nunha nova conferencia do ciclo Café con Sal, o relatorio “Why should we care about ocean turbulence?”, no que explicará a relevancia das medidas de turbulencia de pequena escala no estudio do plancto mariño.

Numerosos testemuños ao longo da historia demóstrannos que a turbulencia foi un concepto fascinante durante séculos. Este fenómeno controla o funcionamento de numerosos procesos físicos, químicos e biolóxicos no océano. Con todo, ata hai moi pouco non fomos capaces de medir a turbulencia no medio natural. Unha das implicacións máis fascinantes deste progreso é a posibilidade de verificar no campo modelos clásicos de ecoloxía. O mandala de Margalef, proposto polo famoso ecólogo en 1978, propón que a turbulencia e os nutrientes son os principais factores que determinan a presenza de diferentes grupos de fitoplancto. A pesar do seu pequeno tamaño, estas algas microscópicas producen tanto osíxeno como os bosques tropicales, retiran dióxido de carbono da atmósfera, e amortiguan o cambio climático.

Beatriz Mouriño presentará durante a súa conferencia os resultados obtidos no marco dos proxectos CHAOS (El papel de la turbulencia y la dinámica del suministro de nutrientes en la estructura de las comunidades marinas de fitoplancton) e REMEDIOS (RolE of Mixing on phytoplankton bloom initiation, maintEnance and DIssipatiOn in the galician ríaS), financiados polo Ministerio de Economía e Competitividad, nos que medidas de turbulencia de pequena escala obtidas en diferentes rexións oceánicas utilizáronse para verificar, por primeira vez, o mandala de Margalef no campo. Estes resultados forman parte das tesis doctorais de Marina Villamaña e José Luis Otero, estudiantes de doctorado no grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-Uvigo.