Variabilidad climática y recursos pesqueros en el sistema de Humboldt: Una mirada hacia el pasado desde el registro sedimentario

O xoves día 21 de marzo, Jorge Valdés, investigador da Universidad de Antofagasta (Chile), presentou dentro do ciclo Café con Sal, o relatorio “Variabilidad climática y recursos pesqueros en el sistema de Humboldt: Una mirada hacia el pasado desde el registro sedimentario”.

Os ambientes mariños pobres en osíxenos e con altas taxas de sedimentación e produtividade primaria preservan información sobre variacións océano-climáticas do pasado. O sistema de correntes de Humboldt é un exemplo, pois a gran poboación de peixes peláxicos (principalmente sardiña e anchoveta) que alberga, consérvanse nos sedimentos de fondo, podendo ser usados como indicadores de cambios ambientais do pasado.

Diferentes estudos mostran que a baía Mejillones (23ºS, N Chile) presenta un rexistro sedimentario ben preservado que reflexa as fluctuacións de peixes peláxicos do ultimo milenio (principalmente sardiña e anchoveta), as cales evidencian o impacto da industria pesqueira e validan o uso dos restos destes peixes como marcadores da abundancia de peixes a escala local.

Durante a súa conferencia, Jorge Valdés presentou as fluctuacións observadas na sardiña e na anchoveta durante o último milenio, relacionando os ciclos sucesivos de aumento e diminución destas especies cos ciclos de temperatura, o osíxeno subsuperficial, a produtividade primaria, e outras variables oceano-climáticas como a variabilidade interdecadal asociada ao fenómeno “El Niño”.
Os resultados que se presentaron forman parte do traballo desenvolto no Laboratorio Mixto Internacional (LMI) baixo o proxecto PALEOTRACES, no que participan o Institut de Recherche pour le Developpement (Francia), a Universidade Federal Fluminense (Brasil), a Universidad Peruana Cayetano Heredia (Perú) e a Universidad de Antofagasta (Chile).

A conferencia tivo lugar ás 11.00h no salón de Actos da ECIMAT e foi retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html, estando dispoñible de forma permanente en UVigoTV e na sección de conferencias realizadas da nosa web (https://cim.uvigo.gal/divulgacion/cafe-con-sal/)

Vídeos