Turbidity values at Ulla River: an approach for its prediction

O día 2 de febreiro Jose González, doutor en Oceanografía pola Universidade de Vigo e responsable do servizo de Oceanografía da ECIMAT, presentou parte do seu traballo desenvolto co grupo de Oceanografía Física coa conferencia titulada “Turbidity values at Ulla River: an approach for its prediction“. O traballo de investigación presentado englóbase baixo o proxecto “Supervisión, gestión y análisis mensual de los datos de turbidez y corrientes en el cauce del Río Ulla”, cuxo obxectivo principal foi estudar a variabilidade da turbidez do Río Ulla para coñecer de que factores depende e dar un paso máis cara á predición da súa variabilidade. O traballo foi dirixido por Ramiro Varela e financiado pola “Dirección General de Ferrocarriles del Ministerio de Fomento”

Máis información no blogue da ECIMAT.

Vídeos