Seminario virtual sobre o Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños

A representación española de EMBRC, da que o CIM-UVigo forma parte, convídalles ao seminario virtual ¿Que hacemos en una infraestructura de investigación europea? El caso del European Marine Biological Resource Center (EMBRC-ERIC) y su apoyo a la investigación en biología marina”.

O Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (European Marine Biological Resource Centre- EMBRC) é unha infraestrutura de investigación pan-europea que pon a disposición da comunidade científica internacional e ás entidades da economía azul o acceso aos recursos biolóxicos e ecosistemas mariños de Europa, grazas as súas 70 instalacións e estacións mariñas, distribuidas nun total de 10 países, incluido España.

EMBRC-España (EMBRC-ES) está formado por tres centros de investigación mariña que ofrecen o acceso ás súas instalacións e servizos no entorno da ecoloxía e bioloxía mariña, así como en biotecnoloxía: a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT-UVIGO), pertencente ao Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, a Estación Mariña de Plentzia (PiE-UPV/EHU) da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), e o Banco Español de Algas (BEA) pertencente á Universidade das Palmas de Gran Canaria e xestionado pola Fundación Canaria Parque Científico Tecnolóxico.

Este webinario de 1h 30min de duración estará marcado dentro da Semana da Administración Aberta do Gobierno de España. Nel explicarase máis polo miúdo a orixe e funcionamento de EMBRC e da súa organización en España, EMBRC-ES, incluíndo detalles das posibilidades que ofrece dita infraestrutura para apoiar a investigación europea en bioloxía e biotecnoloxía mariña mediante a provisión de servizos. Asimismo, detallarase o seu funcionamento e as ferramentas dispoñibles para poder acceder aos seus servizos en cada unha das institucións que forman EMBRC-ES. Ao final do webinario habilitarase unha rolda de preguntas onde o público interesado poderá aclarar calquera dúbida que lle xurda.

Este evento difundirase mediante enlace directo a UVigoTV previa inscrición, e estará dirixido ao persoal investigador e técnico das Universidades e Institucións Públicas de Investigación e Parques Tecnolóxicos, incluidos estudantes de doutorado e postdocs, así como empresas privadas interesadas no I+D+ i no ámbito da bioloxía e a biotecnoloxía azul.