Seminario Tangled Tides: Social-Ecological Networks and Resilience in Marine Systems

O vindeiro martes 10 de xuño ás 11:00 h, o Future Oceans Lab (FOL) do CIM organiza un seminario coa Dra. Michele L. Barnes, profesora asociada na University of Sydney e experta en sustentabilidade e redes socioecolóxicas. A súa charla, titulada “Tangled Tides: Social-Ecological Networks and Resilience in Marine Systems”, abordará como as conexións entre persoas e ecosistemas inflúen na resiliencia das comunidades costeiras fronte ao cambio climático. A partir de estudos de caso en Quenia e Papúa Nova Guinea, explorará a relación entre cooperación social, biodiversidade e benestar humano.

A actividade será en modalidade híbrida, cunha ligazón dispoñible previa solicitude no correo futureoceanslab@uvigo.gal. Desenvolverase en inglés e está aberta a toda a comunidade universitaria e investigadora.

Descarga aquí o cartel