Semana da Ciencia en Galego

2020 será na Universidade de Vigo o ano da divulgación científica en galego. Este é o gran propósito que se marcan dende a Área de Normalización Lingüística para o vindeiro ano. Para acadalo puxéronse mans a obra, coa colaboración da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, planificando toda unha serie de actividades que terán lugar esta semana coa celebración de varias mesas redondas en Vigo e Pontevedra coas que se pretende amosarlle á comunidade universitaria e ao público en xeral unha dobre realidade: que o galego é unha lingua tan válida como calquera outra para facer ciencia e que a ciencia é un eido clave para a normalización da lingua.

En total vanse levar a cabo tres mesas redondas: unha o mércores 20 ás 19.30 horas na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra e dúas en Vigo o xoves 21, a primeira ás 12.00 horas na sala de reunións do edificio Ernestina Otero e outra, xa pola tarde, ás 19.30 horas, na Biblioteca Pública Juan Compañel (rúa de Joaquín Yáñez, núm.6).

A programación das xornadas En galego! Investigación e divulgación científica arranca hoxe, día 20 ás 19:30, no espazo 25 da Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra, cunha mesa redonda que ten como finalidade contribuír a unha maior visibilidade  da ciencia en lingua galega.

No debate participan:

Lourdes Maceiras. Grupo de investigación de Medicina e Saúde Pública
Ricardo Beiras. Equipo de Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña (Ecotox, CIM-UVigo)
Manuel Sendón. Investigador da Facultade de Belas Artes
José Andrés Santiago. Grupo dx5 – digital & graphic art_research
Paula Rivas Ramírez. Grupo de investigación de Fisioloxía Endocrina e Neurofisioloxía (Laboratorio de Neurociencia)
Adolfo Cordero. Grupo de investigación en Ecoloxía Evolutiva e da Conservación (Ecoevo)
Ana Rey Cao. Investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Na mesa redonda que terá lugar no Campus de Vigo (sala de reunións do edificio Ernestina Otero) o día 21 ás 12h, participan:

Fernando Ramallo. Director da Área de Normalización Lingüística
Manuel Ángel Pombal. Grupo Neurolam, Neurobioloxía de Lampreas
Anxo Mena. Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica XM-1
Marisa Castro. Laboratorio de Micoloxía

E, por último, na mesa redonda que terá lugar no centro de Vigo (Biblioteca Pública Juan Compañel) o día 21 ás 19:30, debatirán:

Xavier Simón. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia
Alejandro Saavedra. Grupo SiDOR, Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa (SiDOR)
Gustavo Bergantiños. Grupo Ecosot (Economía, sociedade e territorio)
Xosé Manuel Pacho. AGAF: Agrupación Grupos de Investigación de Dereito Administrativo e Filosofía do Dereito

Máis información

Noticia no Duvi sobre estas xornadas