Ciclo divulgativo Desafíos do Océano no Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas

O  Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), a través do Campus do Mar, colabora no ciclo divulgativo “Desafíos do Océano: Científicas ao mando, organizado polo Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (A Coruña) o xoves 26 de xaneiro ás 20 horas. O evento contará coa proxección de tres dos vídeos da miniserie producida polo Campus do Mar en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)– Ministerio de Ciencia e Innovación e nel intervirá de xeito online unha das súas protagonistas: a investigadora do Instituto Español de Oceanografía (IEO), Lucía Viñas, que falará sobre os microplásticos.

Posteriormente, o xoves 9 de febreiro tamén ás 20 horas será investigadora do CIM-UVigo, Ana Berbabeu, xunto con Marta Álvarez (IEO) y Silvia Torres (Fundación CETMAR), as que participen no ciclo, de xeito online, abordando temáticas como a erosión costeira, a acidificación oceánica e os eventos extremos.

Os eventos poderán seguirse a través de Google Meet:

Xoves, 26 de xaneiro · 20:00-21:30
Información para unirse en Google Meet
Ligazón da videochamada: https://meet.google.com/yzp-zncb-fth

Xoves, 9 de febreiro · 20:00-21:30
Información para unirse en Google Meet
Ligazón da videochamada: https://meet.google.com/inx-andw-xrw