Phytoplankton under future CO2 conditions

O xoves 13 de decembro, Júlia Puig, estudiante predoutoral do grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo, presentou na derradeira conferencia da VIII edición do programa Café con Sal unha visión xeral da súa tese coa ponencia “Physiology, gene expression and community structure of phytoplankton under future CO2 conditions”.

O CO2 atmosférico aumentou de xeito exponencial desde a Revolución Industrial debido ás emisións de combustibles fósiles, a produción de cemento, a deforestación e outros cambios no uso da terra. O 26% deste CO2 antropoxénico é absorbido polo océano tendo consecuencias importantes para a calcificación, a produción primaria, a diversidade e outros procesos relacionados coa fisioloxía do fitoplancto. Entre estes procesos, o aumento do CO2 está a reducir a actividade dos mecanismos que permiten incorporar e manter un depósito constante de CO2 no centro activo da rubisco, principal enzima da fotosíntese (Mecanismos de Concentración de Carbono, CCM). Aínda que existen estudos previos que constatan esta regulación descendente, estes estudos non explican as razóns e o mecanismo do proceso.

Neste contexto, Júlia Puig, dirixida por Cristina Sobrino e coa colaboración do seu grupo de traballo, está a realizar a súa tese doutoral “Effect of the atmospheric CO2 increase on marine phytoplankton:  physiology, metabolism and interactions with other factors of global change”, na que pretende coñecer a importancia da actividade do CCMs ante o futuro incremento de CO2 no océano, analizando a resposta do fitoplancto marino a nivel de expresión xénética, de metabolismo e da estructura da comunidade fitoplanctónica.

Durante a conferencia, Júlia Puig ofreceu unha visión xeral da súa tese, centrándose na importancia dos CCMs e nos resultados obtidos no estudo da expresión xénica dos CCMs.

Vídeos