Influence of climate change on offshore renewable energy

O día 6 de xullo Francisco José Santos, investigador pos-doutoral da Universidade de Vigo e a Universidade de Aveiro, presentou a conferencia “Influence of climate change on offshore renewable energy“.

Durante esta conferencia Fran Santos realizou unha breve introducción a algúns dos aspectos máis importantes da enerxía eólica e presentou un interesante estudio sobre a súa viabilidade futura en función das prediccións do cambio das condicións climáticas, no que comparou datos tomados in-situ con datos de modelos climáticos, comparación nunca realizada ata o momento. Este estudo, financiado por The Portuguese Science Founding (FCT), está a ser realizado polo grupo de investigación de Física Ambiental (Ephyslab) da Universidade de Vigo, en colaboración co Departamento de Física da Universidade de Aveiro e a “Global Modeling and Assimilation Office (GMAO, NASA).

Vídeos