Obradoiro de innovación en biotecnoloxía azul

Este obradoiro, que forma parte do proxecto MARINNONET, ten como obxectivo entender as necesidades da industria e a academia, a sociedade e as entidades públicas que traballan na Biotecnoloxía Azul para desenvolver proxectos e potenciar a innovación.

Centrarase en comprender as necesidades e desafíos existentes respecto desta cuestión para saber como MARINNONET podería apoialos. Para iso, estableceranse grupos de traballo baseados nas tres principais áreas temáticas do proxecto:

  • Innovacións para unha acuicultura eficiente, sostible e resiliente.
  • Tecnoloxías de observación para preservar a biodiversidade mariña e restaurar a saúde dos nosos océanos
  • Produtos derivados do mar para aplicacións industriais.

Ofrecerá a oportunidade de compartir desafíos e discutir cos integrantes do proxecto e outras persoas interesadas, elaborar posibles plans de traballo e construír unha rede de contactos.

A información recompilada durante este obradoiro permitirá desenvolver unha convocatoria para promover solucións entre os socios do consorcio de MARINNONET e os participantes dos obradoiros para participar nun posible proxecto piloto.

Axenda

09:45 – Benvida

10:00 – 10:15 Presentación do obradoiro, obxectivos e contexto de MARINNONET

10:15 – 10:30 Presentación do nodo español de EMBRC

10:30 – 11:00 Presentación de participantes e organización en grupos multidisciplinares

11:00 – 11:30 Pausa para café

11:30 – 13:00 Dinámica de grupo: análise de desafíos, necesidades e oportunidades das tres prioridades temáticas do proxecto

13:00 – 13:30 Observacións finais e próximos pasos

13:30 – 14:30 Cóctel networking

Rexistro aquí.