Mussel beds. Much more than seafood

O martes día 23 de abril, Marcos Rubal, Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Interdisciplinary Centre of Marine and Environmental Research (CIIMAR, Portugal), presentou o relatorio “Mussel beds. Much more than seafood”, no que describirá o emprego do mexillón Mytilus galloprovincialis como indicador dos efectos da actividade antropoxénica sobre a costa rochosa.

A conferencia enmárcase dentro do proxecto “ECOS-New tools to evaluate the ecological status of rocky shores and its relationship with ecosystem services“, financiado por fondos FEDER e a Fundação para a Ciência e a Tecnologia, que ten como principal obxectivo avaliar os efectos da actividade antropoxénica nas costas rochosas mediante o uso do mexillón como organismo modelo, así como outras ferramentas que definen o estado ecolóxico destes hábitats.

Durante o seu relatorio, Marcos presentou o proxecto ECOS, centrándose nas tres tarefas sobre as que está a traballar neste momento: 1) O efecto da urbanización nas poboacións de mexillón e a súa fauna asociada; 2) o efecto da acumulación de sedimento na biodiversidade asociada aos mexillóns e; 3) as consecuencias do estado ecolóxico das costas rochosas sobre os servizos proporcionados por este ecosistema

A conferencia tivo lugar ás 11.00h no salón de actos da ECIMAT e foi retransmitida no canal directo 1 de UVigo TV, estando permanentemente dispoñible nas nosas páxinas web (UVigo TV e CIM-UVigo).

Vídeos