O vindeiro martes, 8 de xuño ás 10h, coincidindo co día Mundial dos Océanos, terá lugar a conferencia ‘La Colección de microalgas del BEA como herramienta para la conservación y la valoración biotecnológica de la Biodiversidad’ impartida polo Dr. Juan Luis Gómez Pinchetti, director científico do Banco Español de Algas (BEA), e que está organizada polo Centro de Investigación Mariña (CIM).
Este evento enmárcase no proxecto EMBRedES, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e a Axencia Estatal de Investigación, no que participa o nodo español do European Marine Biological Resource Centre (EMBRC) e ao que pertence a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).
O relatorio poderase seguir en directo a través do Campus Remoto: Sala Virtual UVigoTV – Directo1: https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884. Non é preciso crave de acceso.
Non se require inscrición previa. Para máis información, pode contactar na dirección de correo cim@uvigo.es