G-Night. Noite Galega das Persoas Investigadoras

Persoal investigador do CIM participará un ano máis na gran feira científica da G-Night (Noite das Persoas Investigadoras), que se celebrará de 17.45 a 22.00 horas no edificio Redeiras de Vigo e na que persoas asistentes atoparán unha morea de actividades gratuítas que lle permitirán, da man de investigadores e investigadoras da UVigo e a través de amenos experimentos, achegarse a diferentes ámbitos da ciencia. Concretamente, persoal investigador do CIM ofrecerá actividades como:

Xogo de escapada: misterio no laboratorio. Quen envelenou a Vítor Rabbit?
Público familiar | Primeiro andar (punto de partida)
Grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética – CIM
Convértete nun auténtico investigador para descubrir como e quen envelenou a Vítor Rabbit. Divertidísimo xogo de escapada para poñer a proba as túas capacidades científicas.

AquaMission: unha viaxe científica pola acuicultura
Público familiar | Planta baixa
Grupo Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura – CIM
Explora o fascinante mundo da acuicultura sostile a través desta experiencia
interactiva e educativa. Un emocionante xogo de taboleiro a tamaño real
para fomentar o pensamento crítico e incentivar o interese pola ciencia e a
investigación.

Por outra banda, entre as 18.00 e as 22.00 horas, desenvolverase outras actividades como un espectáculo de danza, A conectividade que nos move, no que a través do baile contemporáneo, o grupo Future Oceans Lab do CIM, amosará os mecanismos que sosteñen a conectividade ecolóxica e os desafíos as que se enfronta por causa da intervención humana.

Pola súa banda, o docente e investigador Gianluca Marino (Geoma-CIM) ofrecerá unha charla titulada Como se vía o planeta durante as idades do xeo, mentres que Andreu Blanco (FOL-CIM) sorprenderá ao público co relatorio E ti que sabes das Illas Atlánticas?.

Máis información