No marco da celebración do 11F terá lugar a entrega de premios do Concurso Marie Tharp convocado pola comisión de Igualdade do CIM-UVigo e dirixido a mulleres investigadoras predoutorais e postdoutorais do centro que quixesen contar o seu traballo nunha peza audiovisual dun minuto de duración.
O xurado deste concurso, que recibe o nome da cartógrafa oceanográfica e xeóloga mariña Marie Tharp, coautora do primeiro mapamundi do relevo submarino, decidiu premiar na categoría predoutoral a María Alborja Valado e na posdoutoral junior a Sara Gamboa Jurado-Centurión, mentres que Iria García Moreiras recibirá unha mención especial. O acto de entrega de premios será o día 10 de febreiro ás 13.00 horas no salón de graos do edificio de Ciencias Experimentais.
A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.