Effects of plastic additives on marine fish, a proteomic approach

A conferencia de Alexandre Martinez Schönemann, Effects of plastic additives on marine fish, a proteomic approach ten sido postposta ata novo aviso.

Máis información sobre a conferencia:

Os usos do plástico son amplamente variables, así como as combinacións de aditivos que se lle poden agregar. Propiedades como unha maior flexibilidade, a cor ou a resistencia á calor ou ao lume conséguense engadindo substancias que, ademais de producir o efecto desexado, nalgúns casos poden ter efectos prexudiciais para os seres vivos. A carreira entre a aparición de novos aditivos e a comprobación científica do seu potencial impacto acelérase e cada vez é máis necesario utilizar ferramentas novas como a proteómica para determinar estes efectos.

Alexandre Schönemann, dirixido por Ricardo Beiras (Ecotox, CIM-UVigo) e Angel P. Diz (Xenética de Poboacións e Citoxenética, CIM-UVigo), está a desenvolver a súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento DO MAR co obxectivo principal de describir os efectos de certos aditivos sobre unha especie de peixe mariño nova en Europa, Cyprinodon variegatus, usando a proteómica.

Durante a súa conferencia, Alexandre falará dos esforzos dedicados a describir os efectos de certos aditivos dos plásticos sobre os organismos mariños usando a proteómica. O poñente centrarase na súa especie obxecto de estudio, C. variegatus, e nun dos efectos máis comúns: a disrupción endocrina. O traballo presentado por Alexandre forma parte da súa tese doutoral, financiada pola Xunta de Galicia.

A data será anunciada próximamente