Criando peces en el mar: ¿qué sucede cuando se escapan?

O martes 22 de setembro ás 11h, Pablo Sánchez Jerez, catedrático da Universidad de Alicante (UA) e profesor do Departamento de Ciencias del Mar y Biología Aplicada da UA,  presentou o relatorio Criando peces en el mar: ¿qué sucede cuando se escapan?

Un dos sectores máis afectados polos eventos extremos vinculados ao cambio climático é a acuicultura mariña, especialmente por perdas de biomasa e danos nas súas instalacións. O escape de peixes da acuicultura en gaiolas mariñas é considerada unha seria ameaza para a biodiversidade natural no ecosistema costeiro, pois os peixes que se escapan poden causar efectos xenéticos indesexables nas poboacións nativas a través do cruzamento, e efectos ecolóxicos a través da depredación, a competencia e a transmisión de enfermidades aos peixes salvaxes.  O proxecto GLORIA (Global change Resilience In Aquaculture), financiado pola Fundación Biodiversidade, ten por obxectivos desenvolver plans de mitigación e continxencia en gaiolas mariñas flotantes ante un escenario de cambio global no que eventos climáticos extremos afectarán a estas instalacións dunha maneira máis recorrente e intensa.

Pablo Sánchez, investigador principal do proxecto GLORIA e especialista en xestión ambiental da acuicultura, presentou na sua conferencia as necesidades de xestión na prevención e mitigación dos escapes de peixes en acuicultura, prestando especial atención ao que pode acontecer na salmonicultura.

Ante a situación provocada polo COVID-19, a conferencia foi realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo.

O relatorio está dispoñible nos seguintes enlaces.

Vídeos