¿Cómo afecta o cambio climático a distribución das especies mariñas comerciais?

Flock of seagulls surrounding fishing trawler boat in ocean.

O 24 de maio Alba Aguión, estudante de doutoramento de Campus do Mar e membro de Future Ocean Labs da Universidade de Vigo, presentou, dentro do ciclo de conferencias Café con Sal a ponencia “ Implications of observed climate change distributional impacts on comercial marine species”.

O rol do cambio climático nos cambios distribucionales das especies mariñas está amplamente recoñecido. Con todo, a pesar de que existe múltiple evidencia sobre a resposta da vida mariña co cambio climático, poucos estudos ata agora abordaron as implicacións deses cambios para a pesca e as comunidades dependentes desta actividade. O traballo de Alba englóbase no proxecto CLOCK (Climate Adaptation to Shifting Stocks), liderado por Elena Ojea na Universidade de Vigo en colaboración co Centro para o Cambio Climático do País Vasco (BC3), e financiado por unha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC Starting Grant). CLOCK ten como obxectivo identificar e comprender os novos desafíos nos ecosistemas mariños provocados polo cambio climático, e buscar solucións para adaptar eficazmente a xestión pesqueira.

Durante a presentación Alba falou de cómo o cambio climático está a provocar cambios na distribución das especies mariñas comerciais explicando que países e pesqueiras son as máis afectadas.

Vídeos