Ciguatera Fish Poisoning: a new food safety problem in Spain

As intoxicacións por moluscos afectados por biotoxinas de orixe mariño son amplamente coñecidas en Galicia. Sen embargo, as intoxicacións por pescado son prácticamente descoñecidas. O investigador do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO-Vigo) Santiago Fraga, doutor pola Universidade de Vigo, conta cunha ampla traxectoria no estudio e monitorización dos blooms fitoplánctónicos tóxicos e ven realizando na última década traballos de investigación sobre este tipo de intoxicacións alimentarias.

O día 16 de febreiro, Santiago Fraga presentou a conferencia titulada “Ciguatera Fish Poisoning: a new food safety problem in Spain“. Durante esta conferencia, Santiago describiu a orixe e as causas da ciguatera, un tipo de intoxicación alimentaria producidas por pescado relativamente nova en España. O traballo presentado forma parte do proxeto CICAN: Adaptive strategies of harmful microalgae: An innovative approach applied to the study of ciguatera in the Canary Islands in the context of climate change.

Vídeos