Obradoiro Cátedra Naturgy 2019: O informe do IPCC sobre océanos e criosfera

O Laboratorio de Física Ambiental, (Ephyslab, CIM-UVigo) organiza este venres día 4 de outubro, dentro da Cátedra Naturgy da Universidade de Vigo e coa colaboración da Fundación Universidade, un obradoiro sobre o novo informe especial do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC), centrado nos océanos e a criosfera, presentado o día pasado 25 de setembro.

Ao inicio desta xornada, farase entrega do premio ao mellor traballo fin de Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible 2019. A continuación, Iñigo Losada (profesor do Skip Navigation LinksDepartamento de Ciencias y Técnicas del Agua y del Medio Ambiente da Universidad de Cantabria e Director do Instituto de Hidráulica Ambiental da Universidad de Cantabria), coautor do informe, presentará a conferencia “El informe del IPCC sobre Océanos y Criosfera (SROCC) y sus implicaciones sobre la gestión de la costa”. Para rematar, haberá unha mesa redonda constituída por Elena Ojea (Future Oceans Lab, CIM-UVigo) e Moncho Gómez Gesteira (Ephyslab, CIM-UVigo).

O evento terá lugar no Edificio Miralles, no campus da Universidade de Vigo entre as 10:30 e a 13:30.