ABS: are you talking about my car brakes?

O martes 19 de febreiro, Antonio Villanueva, coordinador do proxecto “European Blue Biobank” (EBB), presentou dentro do ciclo “Café con Sal”, as implicacións para os investigadores das novas regulacións sobre o acceso aos recursos xenéticos mariños, coa ponencia “ABS: are you talking about my car brakes?“.

A comunidade científica, concretamente a que investiga sobre as propiedades dos recursos biolóxicos, está suxeita á necesidade de cumprir co que establecen as novas normativas europeas e estatais sobre o acceso e utilización dos recursos xenéticos. Sen embargo, esta necesidade é pouco coñecida pola comunidade investigadora, e supón unha carga administrativa adicional para a actividade.

O proxecto EBB, primer proxecto da convocatoria “INTERREG Atlantic Area” liderado pola Universidade de Vigo, pretende preparar ás estacións mariñas da EMBRC (infraestrutura europea de investigación adicada á bioloxía mariña fundamental e aplicada, da cal a ECIMAT forma parte) para apoiar aos seus usuarios no cumprimento do establecido nos novos regulamentos, así como axudar ás administracións nacionais e europeas a que a implantación destas normativas sexa o máis eficiente posible, e aumentar a concienciación entre os usuarios e usuarias finais de recursos xenéticos acerca da necesidade de dar cumprimento a estes regulamentos.

Esta inciativa, coordinada pola ECIMAT, está formada por un equipo multidisciplinar que comprende algunhas das coleccións mariñas máis importantes do mundo, clusters de biotecnoloxía mariña, empresas adicadas á biotecnoloxía mariña e aos departamentos gubernamentales responsables do acceso a recursos xenéticos mariños (“ABS Competent National Authorities” ou CNAs), os cales pretenden, con este proxecto, promover o uso sostible dos recursos biolóxicos mariños e facilitar o acceso aos seus datos e produtos extraíbles.

Durante a conferencia, Antonio Villanueva aportou a información básica sobre os recursos nos que se poden apoiar o persoal investigador para reducir na medida do posible o impacto destas novas normativas sobre a súa actividade, tratando de aumentar a concienciación entre os asistentes acerca deste requirimento legal.

A conferencia tivo lugar ás 11.00h no salón de Actos da ECIMAT e foi retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html e estará pronto dispoñible na nosa web.

No seguinte enlace podedes descargar a presentación en PDF (Presentación AntonioVillanueva – ABS, PDF 4.688 KB)

Vídeos