Reproductive cycle of Holothuria forskali in the Ría de Vigo

Os cogombros de mar son un recurso mariño moi cobizado en Oriente e nas costas Mediterráneas, e a procura de novas especies noutras áreas de distribución está en auxe por mor da sobreexplotación das pesqueiras tradicionais. En Galicia a explotación de Holothuria forskali comezou no ano 2016 apróbanse coa aprobación dos primeiros plans de explotación para as confrarías de pescadores de Cangas, o Grove, Coruña e Barallobre. A pesar das elevadas capturas (50 ton no ano 2016) e da concesión de novos plans de explotación en Galicia, aínda se descoñecen moitos aspectos da bioloxía desta especie. Ante estas necesidades, a confaría de Cangas e o Centro Singular CIM-UVIGO realizou o seguemento do ciclo reprodutivo así como a deseñar as liñas de investigación e colaboración necesarias para incrementar os estudos sobre este recurso e así asegurar a súa explotación pesqueira sustentable.

O día 18 de maio Tania Ballesteros, técnica de apoio á investigación da área de recursos biolóxicos e cultivos mariños do Centro Singular CSIM-ECIMAT, presentou os primeiros resultados do estudio do ciclo reprodutivo do cogombro de mar Holothuria forskali na Ría de Vigo, así como as liñas de investigación abertas.

  • Videoconferencia (non dispoñible)