Bioextremes: nuevas variables climáticas en formato GIS para trabajar en macroecologia y cambio global

O xoves 10 de xaneiro tivo lugar a conferencia “Bioextremes: nuevas variables climáticas en formato GIS para trabajar en macroecologia y cambio global“, impartida por Sara Varela, investigadora postdoctoral do Museum für Naturkunde (Berlín).

As predicións sobre os valores de temperatura, precipitación, salinidade, etc. que producen os modelos climáticos permiten construír variables ad- hoc para entender as consecuencias do cambio climático sobre a biodiversidade. O proxecto BioExtremes busca xerar unha nova serie de variables climáticas en formato GIS relacionadas coa intensidade e a duración de eventos “extremos” (e. g. número de días seguidos con temperaturas baixo cero, ou número de días seguidos con temperaturas por encima de 25º C). Con estas variables poderanse programar modelos de distribución de especies para xerar mellores mapas sobre a distribución das especies no futuro.

Durante a conferencia, Sara Varela presentou o proxecto Bioextremes y EcoClimate, centrándose nos modelos climáticos que existen para predicir o clima, tanto do pasado como do futuro, e os tipo de variables que ofrecen estes modelos. O obxectivo principal da conferencia é establecer un debate cos investigadores presentes para coñecer as variables de interese e debater sobre que tipos de capas climáticas poderíanse chegar a construír para mellorar os modelos e ampliar a súa utilidade.

A conferencia tivo lugar no salón de actos da ECIMAT entre as 11 e as 11:30, foi retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html e está dispoñible en UVigoTV.

 

Vídeos