We temporarily close our doors to prevent the spread of the coronavirus

Co obxetivo de evitar a propagación do coronavirus, as instalacións do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo permanecerán pechadas en cumprimento coas instruccións de Xerencia do 16 de marzo de 2020, pola que se aplica a resolución reitoral de 14/03/2020 sobre o peche temporal das instalacións da Universidade de Vigo.

Podes seguir toda a información relativa ao COVID-19 en canto a avisos, medidas, protocolos e instruccións tomadas pola Universidade de Vigo, as ferramentas dispoñibles, o estado de propagación do virus na nosa Universidade e outras novas relacionadas no DUVI

Nos seguintes enlaces destacamos, por datas, a información máis relevante para o noso centro relacionada co COVID-19.

01/04/2020

30/03/2020

 

Duración do coronavirus en aluminio, luvas, madeira, cristal e papel

29/03/2020

Unha vez transcorridos 14 días desde a suspensión da docencia presencial na Universidade de Vigo, o Comité de Seguimento do COVID-19 informa de que nese período se contabilizaron un total de seis casos na institución. Así, enténdese que os novos positivos non serán xa consecuencia da actividade na universidade. A partir de agora, estes consideraranse como de transmisión comunitaria.

27/03/2020

23/03/2020

Información de cant dura o coronavirus nos obxectos

21/03/2020

 

20/03/2020

17/03/2020

16/03/2020

15/03/2020

14/03/2020

13/03/2020

12/03/2020

Información

  • Suspéndense as actividades lectivas presenciais a partir do 13 de marzo de 2020 e ata novo aviso.
  • Péchanse as bibliotecas e as instalacións deportivas.

En primeira instancia apélase á tranquilidade e ao bo xuízo dos membros da comunidade universitaria para seguir as pautas sanitarias.

Non hai actividade docente presencial (clases teóricas e prácticas e exames) nin servizos complementarios (biblioteca, titorías, deportes, saídas de campo…) para o estudantado. Polo tanto non debería acudir ás instalacións universitarias.

Os centros permanecerán abertos e a actividade administrativa e do profesorado mantense.

Mañá venres 13 de marzo, a partir das 13.00 h, daranse instrucións a todo o persoal ante a situación de suspensión de actividades académicas.

Medidas

Suspéndense ata novo aviso as seguintes actividades

Programa de Maiores.

Prácticas externas en centros sanitarios.

Festas organizadas polos centros ou polo estudantado (San Pepe, Santa Catalina, San Aquiles…).

Calquera evento extraacadémico que supoña unha aglomeración de persoas (HappygoRunning, …).

Congresos, reunión de seguimento de proxectos

Non se autorizan os desprazamentos cara ou desde universidades ou centros nas que se suspendera a actividade presencial.

A participación das persoas pertencentes a estas institucións deberá realizarse de forma telemática.

Prácticas externas

Seguir as instrucións das respectivas empresas sobre a continuidade, cese ou teletraballo. En calquera caso o estudantado deberá notificarlle a súa situación á persoa que supervise as súas prácticas.

Deportes

Extremar as medidas de hixiene e de prevención

Persoas sensibles

As persoas da comunidade universitaria especialmente sensibles deberán extremar as medidas preventivas de hixiene.

Teñen a consideración de persoas sensibles:

– As mulleres embarazadas.

– As persoas de calquera idade con enfermidades crónicas cardiovasculares, pulmonar, renal e diabetes, inmunodeprimidas, que estean a realizar terapias fronte ao cancro ou presenten obesidade mórbida etc.

Mobilidade

O estudantado que supenda a súa mobilidade poderá incorporarse á Universidade de Vigo, transcorridos 14 días desde o momento do seu regreso, logo de realizar os trámites administrativos necesarios.

A atención por parte dos servizos da Universidade de Vigo ao estudantado que proceda das universidades que suspenderan a súa actividade académica presencial farase unicamente por vía telefónica e correo electrónico.

Outros

Non divulgar información non contrastada.

Extremar medidas preventivas

Chamar ao teléfono de información gratuíto 900 400 116 para consultas e deixar o 061 para as emerxencias médicas.

Información da administración estatal e autonómica

Ministerio de Sanidade

Premendo na seguinte imaxe, accederás ao vídeo informativo do Ministerio de Sanidade:

  • Suspéndense as actividades lectivas presenciais a partir do 13 de marzo de 2020 e ata novo aviso.
  • Péchanse as bibliotecas e as instalacións deportivas.
  • En primeira instancia apélase á tranquilidade e ao bo xuízo dos membros da comunidade universitaria para seguir as pautas sanitarias.
  • Non hai actividade docente presencial (clases teóricas e prácticas e exames) nin servizos complementarios (biblioteca, titorías, deportes, saídas de campo…) para o estudantado. Polo tanto non debería acudir ás instalacións universitarias.
  • Os centros permanecerán abertos e a actividade administrativa e do profesorado mantense.
  • Mañá venres 13 de marzo, a partir das 13.00 h, daranse instrucións a todo o persoal ante a situación de suspensión de actividades académicas.

Información da administración estatal e autonómica

Ministerio de Sanidade

Duración do coronavirus en aluminio, luvas, madeira, cristal e papel

Consellería de Sanidade

Que debes saber do novo coronavirus

 

Información sobre o coronavirus

Premer na imaxe para ampliala

 

Consulta toda a información actualizada sobre o COVID-19 no DUVI