The responsible of the Chabahar harbour free zone visited the Marine Science Station of Toralla

Nadiyeh Roohi, responsable de pesca de Chabahar, entregando un agasallo ao persoal do CIM-UVigo

Chabahar atópase ao sur de Irán, no Golfo de Omán e é porta ao Océano Índico para o país persa. Un total de 8 portos pesqueiros e tres centros de descarga concéntranse en pouco máis de 300 km de costa. Ademais, existen 32 sociedades pesqueiras que aglutinan 2.400 embarcacións de diversas tipoloxías. A pesca en  Chabahar emprega a máis de 25.000 persoas de forma directa e, polo menos, tres veces máis de forma indirecta. Desde este porto do Golfo de Omán, abastece o 60% do peixe que se consume en Irán, sendo os túnidos as especies de referencia.

No marco da primeira Misión Comercial sectorial de pesca Hispano Iraniana a Galicia, que organiza  ADDFOOUR  SYNTHESIS  CORPORATION, os participantes no Misión Comercial tiveron a oportunidade de valorar a forza do sector pesqueiro galego entre os días 17 e 21 de xuño, realizando visitas a conserveiras, lonxas e portos, industria de transformación, estaleiros, ao Club Financeiro Atlántico da Coruña e a diversos centros de investigación, entre eles, O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

A responsable de pesca de  Chabahar,  Nadiyeh  Roohi, desprazouse o pasado 20 de xuño ás instalacións da  ECIMAT co obxectivo de valorar as distintas posibilidades de colaboración entre a Universidade de Vigo, a Universidade  Tarbiat  Modares e a propia Zona Franca de  Chabahar. Durante o encontro, técnicos da ECIMAT e do CIM-UVigo explicaron á Sra.  Roohi as distintas liñas e programas de investigación nos que están a traballar, os programas aos cales calquera persoa pode acudir para traballar no Centro e as instalación da ECIMAT. Así mesmo, a técnica iraniana presentou cales son os potenciais de  Chabahar como o principal porto pesqueiro de Irán e acordouse o intercambio de información para a concreción, a curto prazo, de liñas de traballo conxuntas.

Porto de Chabahar